Obradoiro de ilustración con Susana Suniaga arredor da figura e obra de Hans Christian Andersen
Celebraremos o nacemento do escritor danés Hans Cristian Andersen facendo un breve percorrido pola súa obra literaria, a través das ilustracións que acompañan cada unha das páxinas do album ilustrado HANS. Trátase dunha biografía ficcionada de Andersen escrita por Javier del Sastre e publicada por OQO editora en 2020. Coñeceremos o proceso creativo das ilustracións deste álbum e crearemos as nosas propias versións de “O parrulo feo”, “A sereíña”, “O soldadiño de chumbo” e moitas máis.
A partir de 8 anos