abril, 2021

27abr17:15Evento rematadoDesplastifícate!Obradoiro Ambiental PO2

Detalles do Evento

Plastiquín e Pastiquina son as dúas mascotas da Rede de Escolas Asociadas da Unesco de todo o planeta, sabíadelo? Seguro que si, que xa a coñecemos o ano pasado. Desta vez, como Plastiquín está en Cuba e Plastiquina en Asturias, cos nenos e nenas do Salón imos preparar mensaxes, cartas e debuxos para compartir coa rapazada das escolas de todo o mundo, coas nosas propostas para coidar o medioambiente hoxe e garantir un futuro sostible para o Planeta.

Monitorado do Salón coa Rede de Escolas da Unesco

Público familiar
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura)

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Desplastifícate! Monitorado do Salón e Rede de Escolas da Unesco.

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X