Diferentes diferenzas


Detalles do Evento
Un espectáculo para a posta en valor da importancia do respeto e valoración do positivo da diversidade. Compleméntase co libro do mesmo título de Editorial Bululú, que recolle
Detalles do Evento
Un espectáculo para a posta en valor da importancia do respeto e valoración do positivo da diversidade. Compleméntase co libro do mesmo título de Editorial Bululú, que recolle pequenas reflexións íntimas da autora. Historias elaboradas cun sentido crítico e reivindicativo e aderezadas con optimismo e afán de superación. A diversidade, a amizade co que é diferente, en calquera sentido, é que nos acompaña ao longo do espectáculo e do libro.
Para acompañar a presentación de Diferentes Diferenzas en directo, Silvia Penide quixo escribir cancións novas, reciclar outras e contar con algunha versión para ler os textos, conversar coa cativada (e cos maiores, xa que os textos levan mensaxes cómplices que as persoas adultas recoñecerán), sobre “a importancia do distinto” e cantar.
Natalia Navaza acompañará a Silvia coa lingua de signos, e fará moito máis inclusivo o espectáculo que promete risas, aprendizaxe e emoción.
Espectáculo signado. Ao remate do concerto haberá sinatura de libros.
Espectáculo de balde. Acceso libre ata completar cabida.
Público familiar
—– —– —–
A autora
Silvia Penide, con máis de 19 anos de traxectoria no mundo da música, presenta a súa primeira obra literaria da man da Editorial Bululú. Unha obra para que a disfruten todas as idades, ainda que está orientada ao público infantil, na súa primeira etapa especialmente. O libro está ilustrado por Emilio Urberuaga (debuxante, por exemplo, do inesquecible Manolito Gafotas e Premio Nacional de Ilustración).
Máis
Hora
(Sábado) 18:00
Localización
Recinto Feiral de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n