Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Do berce á lúa

28mar17:30Do berce á lúaContos e música para bebés con Tania Justo

Detalles do Evento

Tania Justo é pianista e musicoterapeuta. Actualmente dirixe a Academia de música Kairos, en Vigo, na que traballa como docente de piano e iniciación musical, empregando o seu propio método a través das cores desde os 4 meses de idade e traballa como musicoterapeuta con nenos e nenas con diagnóstico de autismo.

Do berce á lúa é un concerto-obradoiro destinado ós máis cativos/as no que se iniciará á lectura a través desta serie de libros da editorial Kalandraka, onde os cantarán xuntos e xuntas.

De 0 a 3 anos

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta

ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron validadas antes desa hora. Grazas!

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!

Máis

Hora

28 marzo, 2025 17:30(GMT+01:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!