abril, 2021

24abr19:00Evento rematadoDobre Extra!Música, contos e ilustración. Paco Nogueiras e Marc Taeger

Detalles do Evento

O gran Paco Nogueiras volve ao Salón, desta vez para presentar o seu último libro-disco: Extra! E non ven só, acompáñao o ilustrador Marc Taeger. Xuntos debullarán un feixe de cancións para que a cativada goce dun gran espectáculo.
Dobre Extra! é un xornal musical nos que a imaxe e o son van da man. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? E debuxalas? En Dobre Extra! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan a moverse. Dobre Extra! é cor, alegría, diversión, imaxinación e información.

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Dobre Extra! Música con Paco Nogueiras e Marc Taeger

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X