Sesión de contos, música e ilustración baseada na lenda do tambolireiro do Bruc. A lenda está baseada na historia de Isidret, o timbaler do Bruc un rapaz ao que non lle gusta a guerra, que usa a música e o son do seu tamboril para frear a invasión francesa no seu pobo. Antón Ke e Tania Solla regalarannos unha fermosa e lúdica sesión de contos coa música moi presente, na que a rapazada comprenderá que a violencia non é un bo xeito de solucionar os conflitos, e que a natureza, como a música, poden ser ferramentas moito máis poderosas. |