Elas pintan moito

26mar18:00Elas pintan moitoSesión de contos e música. Migallas Teatro

Detalles do Evento

Entrada libre ata completar o aforo. O acceso á actividade farase desde 10 minutos antes da hora de comezo. NON é necesario retirar ningún tipo de entrada. Recomendámosche que chegues un pouco antes da hora da actividade para asegurar o sitio.

Sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida; desde o máis cotián ata o da creación artística.

En “Elas pintan moito” as nenas e os nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Público familiar
Entrada libre ata completar o aforo

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n