En contraste

29abr17:30En contrasteObradoiro para bebés con Arkhé Espazo Educativo

Detalles do Evento

De 1 a 4 anos + 1 persoa adulta acompañante
Duración aproximada: 50 min.
CADA PERSOA DEBE TER ENTRADA, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA IDADE. CADA BEBÉ DEBE IR ACOMPAÑADO/A DUNHA (1) SOA PERSOA ADULTA ACOMPAÑANTE

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!


Un obradoiro de xogo libre e exploración co fío condutor das cores branca e negra. Esta combinación cromática é a que máis chama a atención da cativada pola súa marcada contraste.Ademais, exploraremos outros elementos en contraste, como a madeira e o metal; o seu peso, a súa textura, o son que fan ao caer… nun espazo de xogo e lectura no que os libros e as propostas sensoriais se funden nun “todo” para gozar dos contos cos sentidos.

espacioarkhe.com

Máis

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda.

Reserva de entrada

En contraste

Obradoiro para bebés con Arkhé Espazo Educativo

As entradas xa non están á venda para este evento!