En Macondo non paraba de chover

01mai12:30En Macondo non paraba de choverSesión de contos e obradoiro de ilustración

Detalles do Evento

Este luns 1 de maio (festivo) imos viaxar a Colombia cos amigos de Polo Correo do Vento. A actividade forma parte dunha serie de contos-homenaxe a escritores admirados por todos e todas como Valle Inclán, Italo Calvino, Blanco Amor ou o colombiano, Gabriel García Márquez, entre outros. Esta sesión de contos e ilustración está pensada para o público máis novo, co fin de promover a lectura, a comprensión oral e o desenvolvemento da creatividade e da expresión artística das nenas e nenos.

Acceso libre ata completar cabida. Público familiar

Máis

Hora

(Luns) 12:30

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n