O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Encontro con Manuel Lourenzo González

02mai19:30Encontro con Manuel Lourenzo GonzálezFaladoiro literario

Detalles do Evento

Escritor homenaxeado da XXIV Edición do Salón do Libro

Público adulto. Entrada libre ata completar cabida.
—– —– —–
Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é Licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou libros de relatos e novelas para adultos, xunto cunha significativa obra para o público infantil e xuvenil. Libros como Tanis e o mocosAnimais de Compañía,  Irmán do vento ou  Ceiba de Luz, co que gañou o Jules Verne de narrativa xuvenil, son ben coñecidos pola rapazada da nosa cidade (e do resto do país). O autor levou os premios máis importantes da literatura galega: o Merlín, o Xerais, o Blanco Amor e o García Barros, entre outros. Foi un gran activista cultural da cidade de Pontevedra e foi director do Salón. Xunto a este proxecto dirixiu a asociación cultural MaioLongo, a ASPG e a Semana da Educación, entre outros moitas iniciativas. O escritor é o autor homenaxeado nesta XXIV edición, e era boa hora de renderlle homenaxe xa no Salón.

Máis