maio, 2021

05mai19:30Encontro lector con Montse Pena Presas a partir da obra "Intempestiva. Unha biografía (literaria) de Xela Arias"Faladoiros literarios

Detalles do Evento

(EVENTO PRESENCIAL NA LIBRARÍA PAZ QUE TAMÉN SE EMITIRÁ POR STREAMING)

Este ano o día das Letras Galegas está dedicado a Xela Arias e a editorial Galaxia, de man da docente e crítica Montse Pena Presas, vén de editar unha achega á vida e obra da polifacética e creativa Xela Arias. Neste encontro, conducido pola poeta Rosalía Fernádez Rial teremos a oportunidade de conversar coa autora da biografía e aprender, de certo, máis sobre o universo creativo da escritora homenaxeada.

O acto será na librería Paz e precisa de inscrición previa no correo-e: salondolibro@pontevedra.gal

Público adulto

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Ver o evento virtual

SalónTV

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. CADA PERSOA DEBE TER UN ASENTO PREASIGNADO, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

X
X