marzo, 2020

15mar12:0013:00Encontro lector: Miguelanxo Prado presenta o álbum "Amani"

Máis

Detalles do Evento

Encontro lector e sinatura de libros con  MIGUEL ANXO PRADO, autor e ilustrador do álbum Amani e o seu editor, Kiko da Silva (Retranca editora) que presentarán este álbum infantil. Queres coñecer a Amani?  Se cadra ser competitivos, ver os nosos compañeiros como rivais e sentirmos na obriga de demostrar todo o tempo que somos os mellores non sexa o mellor xeito de tentar ser felices e axudar aos outros na súa arela de selo. Amani, un hipopótamo cachazudo, busca nas beiras do río Pantikora o mellor modo de ser feliz sen amolar aos demais.

Prado e Da Silva presentarán e debaterán cos asistentes sobre a ética e a estética de Amani, para algunha xente unha alegoría da paz, para outra unha xanela á reflexión sobre as formas de masculinidade do século XXI.

Hora

(Domingo) 12:00 - 13:00

Localización

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda s/n - 36005

X