marzo, 2020
13mar17:3019:30Encontro Profesional de Ilustración
Detalles do Evento
Vivir da creación. O día a día do/a ilustrador/a freelance e dos ilustradores en xeral: retos, oportunidades, sinerxías. O Salón acolle o Encontro profesional
Máis
Detalles do Evento
Vivir da creación. O día a día do/a ilustrador/a freelance e dos ilustradores en xeral: retos, oportunidades, sinerxías. O Salón acolle o Encontro profesional de Ilustración promovido polo AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración ). Neste encontro:
- falarase da Guía Ninja. Guía de supervivencia para creadores freelance. A Guía Ninja do Ilustrador é unha campaña da AGPI que quere achegar información práctica sobre os aspectos legais, profesionais e de mercado nos que se desenvolve actualmente a ilustración. O Decálogo Ninja é unha serie de 10 artigos temáticos sobre os retos e os perigos profesionais que rodean actualmente aos creadores gráficos freelance.
- debaterase sobre Un ilustrador na miña cidade. Crear comunidade, mesa redonda na que estarán Berto Fojo, Natalia Umpierrez e Diego Estebo. Modera o debate Bea Lema. Como entenden os profesionais o asociacionismo e como é traballar desde Galicia nun mundo global.
Inscrición a través do enderezo: ponteilustra@gmail.com
+ inf. Guía Ninja. Guía de supervivencia para creadores freelance
Hora
(Venres) 17:30 - 19:30
Localización
Pazo da Cultura
Alexandre Bóveda s/n - 36005
Organizar
AGPI- Asociación Galega de Profesionais da Ilustración