abril, 2021

27abr18:00Evento rematadoEncontros na fragaContacontos. Pavís Pavós

Detalles do Evento

Na fraga os animais fan unha asemblea co ánimo de tomar medidas para salvar o seu hábitat… A sesión de contos de Pavís Pavós promete emocións, e moitas!

Achégate a escoitar boas historias ata a nosa particular fraga da Illa do Covo.

Vén!

Público familiar
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura)

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Encontros na Fraga Contacontos. Pavís Pavós

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X