Encuentracuentos

13mar19:00EncuentracuentosTeatro-Clown. Marcel Gross

Detalles do Evento

Todo comeza cun papel en branco. Deixa voar a túa imaxinación e…

Marcel Gross volve a Pontevedra para acompañarnos na procura das historias que aínda no se atopan nos libros. O clown proponnos paseo imaxinario cheo de formas, sons e cores por un particular planeta co chan de madeira, montañas de papel e letras xogando. Descubriremos aos seus habitantes e coñeceremos unhas letras que foxen dun libro porque sempre ven a mesma historia. Marcel vainas axudar a construír un barco para navegar polos mares de dúbidas, onde van parar os ríos de tinta que nacen na fonte da inspiración. Xuntos emprenden unha viaxe en busca de contos agochados. Imaxinas?

Prezo: 6€. Dispoñibles en www.ataquilla.com
Público familiar e crianzas a partir de 3 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.