O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Escola de escrita xuvenil

26abr17:00Escola de escrita xuvenilCon Manuel Lourenzo González

Detalles do Evento

Taller de escritura creativa para persoas que gusten da escrita e queiran coñecer técnicas e recursos útiles para as súas creacións literarias. Imparte o autor homenaxeado no Salón na presente edición: Manuel Lourenzo González. Un obradoiro que non podes perder!

Inscríbete en: salondolibro@pontevedra.gal

—– —– —–

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é Licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Como escritor, publicou libros de relatos e novelas para adultos, xunto cunha significativa obra para o público infantil e xuvenil. Libros como Tanis e o mocosAnimais de Compañía,  Irmán do vento ou  Ceiba de Luz, co que gañou o Jules Verne de narrativa xuvenil, son ben coñecidos pola rapazada da nosa cidade (e do resto do país). O autor levou os premios máis importantes da literatura galega: o Merlín, o Xerais, o Blanco Amor e o García Barros, entre outros. Foi un gran activista cultural da cidade de Pontevedra e foi director do Salón. Xunto a este proxecto dirixiu a asociación cultural MaioLongo, a ASPG e a Semana da Educación, entre outros moitas iniciativas. O escritor é o autor homenaxeado nesta XXIV edición, e era boa hora de renderlle homenaxe xa no Salón.

Máis