maio, 2021

01mai17:30Espazos que ensinan: cidade e medioambienteRoteiro ambiental. Taller Abierto

Detalles do Evento

Percorreremos a Illa do Covo e descubriremos o seu incrible valor natural ademais do magnífico museo ao aire libre que alberga. Coñeceremos as súas características de e que flora e fauna vive nela, delas depende a boa calidade da auga, o aire e o chan, ademais de ser os mellores indicadores do estado de saúde dos ecosistemas. A preocupación polo cambio climático, a sostenibilidade, o medio ambiente e o noso futuro no planeta é cada vez maior na sociedade. Nos últimos tempos fíxose moi patente a necesidade de coidar o planeta e de deixar de lado hábitos cotiáns que non favorecen a súa conservación. Por que non comezar polo máis próximo?

Para participar cómpre que te inscribas previamente. Envíanos o teu nome, idade, número de teléfono e o contacto dunha persoa adulta responsable a: contacto@tallerabierto.info

Nenos e nenas de 5 a 10 anos.

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

X
X