marzo, 2020

08mar12:0013:00ESTREA!: "Ris Ras" de Baobab Teatro

Máis

Detalles do Evento

Pensado para enredar, rir e bailar, RIS RAS é un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos/as da casa onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega. BAOBAB TEATRO ten acreditado o seu compromiso coa infancia e a aposta polo teatro infantil de calidade e por espectáculos cheos de emoción e cargados de poesía e sinxeleza. Atopa no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra o mellor dos escenario para a estrea dunha nova produción.

Espectáculo para crianzas a partir dun ano e público familiar.  Terá tres funcións: ás 12.00, 17.00 e 18.30 horas. Cabida limitada. Prezo da entrada: 3€/asistente

 

 

Hora

(Domingo) 12:00 - 13:00

Localización

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda s/n - 36005

X