Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Eu tamén animo

05abr17:0018:30Eu tamén animoObradoiro de animación en stop motion

Detalles do Evento

 Para OQO editora o conto non remata nas marxes dos libros, e podemos facer que teñan movemento de distintas formas. Unha delas é convertir o conto nunha película.

Deste xeito convertirémonos en directores e animadores que, a través de materiais de uso común, crearemos unha breve historia que cobrará vida coa técnica de animación en stop-motion.

Durante as sesións os participantes recibiran coñecementos sobre as técnicas tradicionais de animación.
A partir de 10 anos

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolve o taller. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

Máis

Hora

5 abril, 2025 17:00 - 18:30(GMT+02:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!