Explorador@s creativ@s

26mar11:30Explorador@s creativ@sRoteiro artístico pola Illa das Esculturas

Detalles do Evento

A Illa do Covo é un gran contedor de arte ao aire libre cunha colección de pezas de land art de artistas moi relevantes. Ademais destas recoñecidas obras, o propio espazo pode converterse nun gran laboratorio creativo onde experimentar cos materiais e as formas que a natureza pon á nosa disposición.

Neste roteiro-obradoiro exploraremos a illa observando e probando distintos materiais naturais, nun espazo onde a arte se mestura coa creatividade e o desfrute da natureza.

Para inscribirte envíanos o teu nome e apelidos e un teléfono de contacto ao correo-e: contacto@tallerabierto.info

De 5 a 10 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.