FAN dos ZINES

13mar11:30FAN dos ZINESObradoiro de BD. Galpón Lab

Detalles do Evento

Obradoiro de fanzines, Iria Rodríguez e Eva Fandiño

Queres aprender a facer un fanzine? Neste obradoiro ensinarémosche a facer un! Cada un dos participantes elaborará o seu co tema que escolla. Ao rematalo rotarase co resto de compoñentes do obradoiro, de maneira que todxs participen nos fanzines dos demais. Así faremos unha peza colaborativa, creativa e única!

A partir de 7 anos

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

Os obradoiros teñen un aforo limitado. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Obradoiro de fanzines. Galpón Lab

As entradas xa non están á venda para este evento!