Fazulas e o ladrón de paraugas

01mai18:00Fazulas e o ladrón de paraugasTeatro de monicreques con Bandullo Azul

Detalles do Evento

Público familiar. Acceso libre ata completar cabida

O espectáulo está baseado no exitoso libro “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel (Editorial Galaxia), que xa vai pola terceira edición tras un ano desde a súa estrea. A montaxe conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido da empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar ás nenas e nenos sobre temas como a violencia machista ou os conflictos bélicos. Xosé Lueiro na escritura e creación xunto a Fran Campos, poñen en marcha un ilusionante e fermoso espectáculo cunha importante base de lectores xa creada grazas ao éxito do libro.
Ao remate da función haberá sinatura de libros.

—– —– —–

Bandullo Azul é unha compañía de teatro que naceu en 2012, formada polos actores e cómicos Fran Ameixeiras e Fran Campos e homenaxeando co seu nome ao mítico pioneiro dos monicreques galegos Barriga Verde.

Fran Campos formouse en escolas de teatro, así como en obradoiros e clases maxistrais con mestres e mestras como Leo Bassi, Claudia Contín, Anton Valén, Jos Houben… Ademais de ser membro fundador de Bandullo Azul, leva máis de dez anos e 300 funcións co Padre Merino, un espectáculo no que se mesturan o clown, o bufon, maxia, música… Fran Ameixeiras tamén se formou con artistas de prestixio como Carlo Colombaioni, Blanca del Barrio ou Eric de Bont, participou da creación do GTO 100Tolas e percorreu os escenarios do país co seu alter ego, o pallaso Mentalini.

Como compañía, estreáronse con unha versión clown da historia de Robinson Crusoe, A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres, dirixida polo actor, cómico e director Evaristo Calvo, quen repetíu dirección no segundo espectáculo da compañía, PLAY: historia de Maestro & Pupilo, de creación propia. Bandullo Azul ten participado en varios festivais de teatro e clown tanto en Galicia como en Portugal, subíndose aos escenarios e actuando a pé de rúa.

www.culturactiva.org/gl/artista/bandullo-azul

Máis

Hora

(Luns) 18:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n