Filipa cos contos

24mar18:00Filipa cos contosContacontos con música e monicreques. Bandullo Azul

Detalles do Evento

Entrada libre ata completar o aforo. O acceso á actividade farase desde 10 minutos antes da hora de comezo. NON é necesario retirar ningún tipo de entrada. Recomendámosche que chegues un pouco antes da hora da actividade para asegurar o sitio.

Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só da nosa contorna máis próxima, senón tamén doutras terras. Unha sesión “filipante” de contos para toda a familia.

Público familiar
Entrada libre ata completar o aforo

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n