Fíos. Edición especial 10º aniversario
12mar19:00Fíos. Edición especial 10º aniversarioBaobab Teatro


Detalles do Evento
Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle
Detalles do Evento
Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda. Coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de fíos e que queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos…
Un espectáculo tecido para emocionar, sentir e soñar co que Baobab nos sorprendía hai 10 anos e que agora poderemos ver na edición especial aniversario.
Nomeado aos Premios MAX das artes escénicas 2013
Público familiar e nenos e nenas a partir de 3 anos
Prezo: 3€. Entradas en www.ataquilla.com
Máis
Normas de seguridade para este evento
Hora
(Sábado) 19:00
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra
Lembra!
Non esquezas reservar a túa PRAZA! Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.