abril, 2021

25abr11:30Gabinete de curiosidades pola Illa do CovoRoteiro artístico-ambiental.

Detalles do Evento

Recanto da Arte. Asociación Paspallás

Propoñémosche unha viaxe pola Illa das Esculturas onde xogaremos coa idea do museo facendo unha chea de actividades creativas: recoller obxectos, rexistrar sons, descubrir obras de arte, facer debuxos do natural, fotografar eses pequenos detalles que so ves ti, conversar e, por suposto, divertirnos!
Para participar cómpre que te inscribas previamente. Envíanos o teu nome, idade, número de teléfono e o contacto dunha persoa adulta responsable a: asociacion.paspallas@gmail.com

A partir de 6 anos.

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

X
X