maio, 2021

02mai17:30Evento rematadoGatuxoContos e música para bebés. Magín Blanco e María Faltri

Detalles do Evento

Información sobre as entradas:
Para esta actividade a entrada é DOBRE e vale para un bebé acompañado por unha persoa adulta

Escóitase o latexo dun corazón, a ritmo de tambor, que provén dunha gran caixa branca que se atopa no centro do espazo escénico. Asoma un pé envolto nun calcetín e por outro lado vese unha man. Por riba aparece a cabeza, primeiro con timidez, e logo con curiosidade:

-Cucú!, a crianza sae da caixa cunha inxenuidade absoluta e un desexo enorme por coñecer…

Tiñamos moitas ganas no Salón de ver Gatuxo, o novo espectáculo de Magín Blanco, unha delicia musical na que se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxetos ou o claqué. Música e historias para aprender e gozar!

Para crianzas de 0 a 3 anos.

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Para este obradoiro a entrada é DOBRE e vale para un bebé acompañado por unha persoa adulta responsable.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Gatuxo Contos e música para bebés

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X