O soño dos Golfiños

25mar18:00O soño dos GolfiñosConcerto de Golfiños

Detalles do Evento

Entrada libre ata completar o aforo. O acceso á actividade farase desde 10 minutos antes da hora de comezo. NON é necesario retirar ningún tipo de entrada. Recomendámosche que chegues un pouco antes da hora da actividade para asegurar o sitio.

Golfiños prepara novo disco para este ano, mentres que agardamos por el… que vos parece se escoitamos algunhas das súas cancións por adiantado? Neste concerto teremos a oportunidade de escoitalas!

Música para os máis pequenos, música para os corazóns máis grandes. Golfiños pretende chegar ao corazón das familias con ritmos e melodías moi diversas que beben de todos os estilos musicais. As cordas dunha guitarra e as teclas dun piano son a alfombra máxica que transporta a voz de Elena Paz a un mundo de aventuras únicas, coas que podes bailar, cantar e brincar no mundo das emocións.

Público familiar. De de 0 a 6 anos
Entrada libre ata completar o aforo

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!