O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Había outra vez

05mai19:00Había outra vezPresentación do catálogo e visita guiada da exposición

Detalles do Evento

Visita á exposición e presentación do catálogo da mostra conxunta que reúne a catro artistas vinculados a Pontevedra.
Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Seoane amosan as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha exposición que busca vertebrar un discurso unificado e coherente a través dun diálogo cruzado altamente suxestivo.

Constelaria, Roxonomía, Fractalismo e Arqueografía son respectivamente as denominacións que cada un elixiu para os seus cadros, e son asemade o punto de partida dun relato inserido no catálogo, obra de Manuel Lourenzo González, que narra a enigmática viaxe dun mozo que se ve obrigado a camiñar por un escenario de rúas labirínticas á busca de sinais que lle proporcionen a clave para saír e recuperar a súa vida e o seu pasado; fíos que consolidan esa converxencia da obra artística plural.

Acceso libre ata completar cabida

Máis