abril, 2021

28abr18:00Evento rematadoHistorias de bicharracosContacontos. Bicharracos

Detalles do Evento

Romito aburrido da súa vida monótona chega á casa disposto a ver a tele, pero non atopa nada que lle guste. Abúrrese ata que mira ao seu redor e atopa un gran libro, grazas ao que aprenderá todas as historias que agora conta. Bicharracos é un espectáculo con cancións, títeres e diferentes historias de fantasía e humor, moito humor! 

Público familiar
(En caso de choiva a actividade trasládase ao Pazo da Cultura)

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Evento no exterior
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter a súa entrada, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Bicharracos Contacontos

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X