marzo, 2020

14mar12:3013:30Homenaxe á escritora Helena Villar Janeiro e ao ilustrador Kiko da Silva

Máis

Detalles do Evento

Unha abondosa e recoñecida traxectoria creativa avala aos homenaxeados no XXI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: a escritora HELENA VILLAR JANEIRO  e o ilustrador KIKO DA SILVA. Ambos os dous comparten a condición de pioneiros: Helena, na Literatura Infantil e Xuvenil (LIX)  e Kiko no eido da banda deseñada. Con esta homenaxe bifronte a organización quere destacar o labor tanto das persoas que escriben como das que ilustran os libros para facelos aínda máis atractivos para o público novo.

Helena Villar Janeiro, docente, poeta, narradora, articulista e actualmente “editora” redes sociais de fotopoemas é autora de máis de 25 títulos de LIX.   + info HELENA

Kiko da Silva, autor de banda deseñada, ilustrador e editor é o creador de Orbil, a benquerida mascota do Salón. Ademais é fundador da escola de debuxantes “O Garaxe Hermético”, promotor de revistas de banda deseñada como “Retranca” e creador dun coñecido personaxe infantil Fiz.   + info KIKO

A homenaxe, organizada en colaboración co Ateneo de Pontevedra está aberta a un público familiar. A entrada é libre até completar cabida.

Hora

(Sábado) 12:30 - 13:30

Localización

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda s/n - 36005

X