maio, 2021

08mai12:30Evento rematadoHomenaxe a Helena Villar Janeiro e Kiko Dasilva

Detalles do Evento

(EVENTO PRESENCIAL QUE TAMÉN SE EMITIRÁ POR STREAMING)

Actividade en colaboración con GÁLIX.

O ano pasado a pandemia non nos deixou celebralo, pero este ano si. Helena Villar Janeiro, pioneira da LIX, e Kiko Dasilva, ilustrador fondamente vinculado ao Salón (el deseñou a Orbil) recibirán o calor e recoñecemento do Salón do Libro nesta homenaxe pola súa obra e contribución á literatura infantil e xuvenil. Será nun emotivo acto que celebraremos nesta última fin de semana do Salón deste ano.

A homenaxe emitirase en streaming a través da canle de Youtube do Salón do Libro SalónTv

Público adulto

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os lugares onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Ver o evento virtual

SalónTV

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. CADA PERSOA DEBE TER UN ASENTO PREASIGNADO, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As actividades este ano teñen un aforo moi reducido polas restricións COVID-19. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com, indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

AS RESERVAS DOS ASENTOS SON POR BLOQUES de 1, 2, 3 ou 4 persoas, tal e como están agrupados no plano.

As entradas xa non están á venda para este evento!

X
X