Homenaxe a María Fe Quesada e Manuel Lourenzo González

07mai12:30Homenaxe a María Fe Quesada e Manuel Lourenzo GonzálezActo de homenaxe

Detalles do Evento

Acto de homenaxe á ilustradora e escritor recoñecidos na presente edición do Salón.

María Fe Quesada formou parte dese grupo inicial de creadores plásticos que se puxeron a ilustrar libros en galego nos anos 80 e foi seleccionada como unha das mellores ilustradoras españolas na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava. María Fe recibiu tamén distintos recoñecementos pola súa obra, preto dun cento de contos infantís e xuvenís, e de máis dunha decena de libros de texto. Foi declarada socia
de Honra de Gálix e deixounos obras tan entrañables como Quen me quere adoptar co texto de Fina Casalderrey, que foi
galardonada co White Ravens pola biblioteca de Munich como entre os mellores libros do mundo.

—– —– —–

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, Pontevedra, 1955) é licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura. Gran activista cultural desta cidade, ademais do Salón dirixíu a asociación cultural MaioLongo, a ASPG ou a Semana da Educación. Como escritor, publicou libros de relatos e novelas para adultos, xunto cunha significativa obra para o público infantil e xuvenil. Libros como Tanis e o mocos, Animais de Compañía, Irmán do vento ou Ceiba de Luz, co que gañou o Jules Verne de narrativa xuvenil, son ben coñecidos pola rapazada da nosa cidade (e do resto do país). Levou os premios máis importantes da literatura galega, o Merlín, o Xerais, o Blanco Amor, o García Barros… e era boa hora de renderlle homenaxe xa no Salón.

Máis