Inauguración da mostra Había Outra vez
22abr12:00Inauguración da mostra Había Outra vezExposición no Museo de Pontevedra, Edificio Castelao


Detalles do Evento
Catro artistas vinculados a Pontevedra, Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Seoane, amosan as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha
Detalles do Evento
Catro artistas vinculados a Pontevedra, Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Seoane, amosan as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha exposición conxunta que busca vertebrar un discurso unificado e coherente a través dun diálogo cruzado altamente suxestivo.
Constelaria, Roxonomía, Fractalismo e Arqueografía son respectivamente as denominacións que cada un elixiu para os seus cadros, e son asemade o punto de partida dun relato inserido no catálogo, obra de Manuel Lourenzo González, que narra a enigmática viaxe dun mozo que se ve obrigado a camiñar por un escenario de rúas labirínticas á busca de sinais que lle proporcionen a clave para saír e recuperar a súa vida e o seu pasado; fíos que consolidan esa converxencia da obra artística plural.
Máis
Hora
(Sábado) 12:00