Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Instrucións para ir durmir

30mar11:30Instrucións para ir durmirContos para bebés con Caxoto

Detalles do Evento

Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gana.

Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, fantasiar coas sombras da escuridade… convértense cada noite en aventuras que atesourar antes de conciliar o sono. Xunto a Caxoto e os seus contos aprenderemos unhas sinxelas instrucións para que os bebés collan o sono con gana

Duración 40 minutos.

De 1 a 4 anos

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta

ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron validadas antes desa hora. Grazas!

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!

Máis

Hora

30 marzo, 2025 11:30(GMT+02:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!