Jules Verne 4.0
23mar11:00Jules Verne 4.0Obradoiro de paste-up con Sofia Venzel e Michel Casado
Detalles do Evento
Os inventos que Jules Verne imaxinou anticipáronse ao seu tempo, e moitas das súas fantasías hoxe son realidade. Que podería crear Verne agora, dous séculos
Detalles do Evento
Os inventos que Jules Verne imaxinou anticipáronse ao seu tempo, e moitas das súas fantasías hoxe son realidade. Que podería crear Verne agora, dous séculos despois? Neste obradoiro 4,0, reimaxinaremos títulos das obras deste visionario autor de aventuras, creando unha instalación artística a través da técnica do paste up. Utilizaremos follas de libros vellos e outros materiais para as nosas creacións artísticas
A partir de 7 anos
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Por favor, preséntate antes da hora, se 5 minutos antes non estás liberaremos a praza. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!
Máis
Hora
23 marzo, 2025 11:00(GMT+01:00)