Kenka un kenko

12mar17:30Kenka un kenkoSesión de contos e música para bebés con Cris de Caldas e Xabi do Camiño

Detalles do Evento

Para esta actividade a entrada é DOBRE e vale para un bebé acompañado por unha (1) persoa adulta responsable.

—-
Ese momento tan fermoso, no final do día, no que os cativos reclaman unha historia que os acompañe nos sonos, é o xerme deste espectáculo onde hai, máis ca nunca, moitos contos para durmir.

Kenka un kenko! pediu a nena.
Kenka un kenko!! berrou a nena.
Kenka un kenko!!! chorou a nena.

E tan pronto como escoitou o “Había unha vez…” a nena calou e sorriu pero un conto só non chega para durmir. Kenka un kenko, por favor!

Ollo!
Non esquezas reservar a túa PRAZA. Todas as persoas precisan tela, independentemente da súa idade. Para esta actividade a entrada é DOBRE e vale para un bebé acompañado por unha (1) persoa adulta responsable.

De 0 a 3 anos

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As sesións de contos teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Kenka un Kenko. Cris de Caldas e Xabi do Camiño.

As entradas xa non están á venda para este evento!