marzo, 2020
21mar11:3012:30Kit de supervivencia para un mundo sen poetas
Detalles do Evento
Disque no futuro non existirán os libros en papel, e que as persoas deixarán de sentir amor polas historias. Daquela, tampouco existirán as e os poetas: mimadriña, rapazada,
Máis
Detalles do Evento
Disque no futuro non existirán os libros en papel, e que as persoas deixarán de sentir amor polas historias. Daquela, tampouco existirán as e os poetas: mimadriña, rapazada, isto vai ser un desastre! Acougade, que neste obradoiro imos construír o noso kit de supervivencia para ser as persoas máis molonas do futuro! Cada crianza – ao carón da poeta TAMARA ANDRÉS – irá construíndo o seu propio kit a través dun caderno con preguntas e actividades que os conduza a mergullarse na súa memoria individual, na poesía que retivo ao longo da súa vida. E como están a chover os poemas do mundo terán que elixir un para gardalo no seu kit.
Obradoiro poético para nenas e nenos a partir dos 7 anos. Prazas limitadas.
Hora
(Sábado) 11:30 - 12:30
Localización
Pazo da Cultura
Alexandre Bóveda s/n - 36005