marzo, 2020
09mar17:1518:00L' ospedale dei Pupazzi
Detalles do Evento
O Salón mergúllase de novo na lingua e cultura italiana da man da Asociación MATER LINGUA cun novo obradoiro. Neste caso as crianzas xogarán e interactuarán cun osiño de peluche
Máis
Detalles do Evento
O Salón mergúllase de novo na lingua e cultura italiana da man da Asociación MATER LINGUA cun novo obradoiro. Neste caso as crianzas xogarán e interactuarán cun osiño de peluche co fin de aprender os nomes das parte do corpo e das posíbeis doenzas que poda ter. Iso si explicado por todo un profesional das urxencias.
Ao fronte do obradoiro estarán Maria Giovanna D’Angelo, Ornella Fornari e Ramona Ghezza. A actividade vai dirixida a nenas e nenos a partir dos 4 anos. Ten prazas limitadas.
Hora
(Luns) 17:15 - 18:00
Localización
Pazo da Cultura
Alexandre Bóveda s/n - 36005
Organizar
Asociación Mater Lingua