marzo, 2020
08mar19:0020:00A famosa invasión dos osos en Sicilia
Detalles do Evento
O cinema chega ao Salón con A famosa invasión dos osos en Sicilia dirixida por LORENZO MATTOTI, coñecido e recoñecido artista gráfico e ilustrador. Aos 65 anos debuta na sétima
Máis
Detalles do Evento
O cinema chega ao Salón con A famosa invasión dos osos en Sicilia dirixida por LORENZO MATTOTI, coñecido e recoñecido artista gráfico e ilustrador. Aos 65 anos debuta na sétima arte con esta longametraxe animada, baseada no libro de Dino Buzzati, un clásico da literatura infantil italiana. “A famosa invasión…” conta como os osos invaden Sicilia co fin de atopar e recuperar ao fillo do Rei Oso, o que da lugar a unha convivencia osos-humanos chea de desconfianza e historias interesantes. O filme é unha parábola sobre a colonización, a apropiación cultural e o abuso de poder arrodeada de fantasía, colorido e imaxinación.
A proxección, a cargo do Cine Club de Pontevedra, será no Teatro Principal. A entrada é libre até completar cabida.
Hora
(Domingo) 19:00 - 20:00
Localización
Teatro Principal
Rúa Paio Gómez Charino, 6
Organizar
Cineclub de Pontevedta