marzo, 2020

21mar17:1518:15Ledicia Costas e Víctor Ríos presentan "Vampira de biblioteca"

Máis

Detalles do Evento

LEDICIA COSTAS (autora) e VÍCTOR RIVAS (ilustrador) convócanvos a un encontro lector (e sinatura de libros) coa escusa da presentación da súa nova obra Vampira de biblioteca, editada por Xerais. Un diálogo autores-público arredor da historia de Eleonora.  Quen é? Ela mesma cóntavolo: son unha vampira e dedícome a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vivo.  E rétavos: es desas persoas que non cre na existencia de criaturas coma min, é mellor que non abras este libro, que o coloques nun andel e te esquezas de todo isto para sempre. Fin. Ou tamén podes atreverte a continuar. Mais para iso debes darme unha mostra de confianza e pasar unha proba. Atréveste!

Entrada libre até completar cabida.

Hora

(Sábado) 17:15 - 18:15

Localización

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda s/n - 36005

X