Libro acordeón

23abr11:30Libro acordeónObradoiro de ilustración con Aida Alonso

Detalles do Evento

De 4 a 8 anos
—– —–
Os libros móbiles achégannos unha experiencia de lectura máis interactiva e a súa tridimensionalidade expándese como parte desta vivencia. O libro convértese en algo máis ca un soporte para a palabra e a ilustración, convértese nun libro vivo, desexoso de ser acariñado e manipulado para poder ser comprendido na súa totalidade. Nesta relación, abrimos novas solapas da nosa imaxinación que nos permiten achegarnos a paisaxes noutra dimensión.

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

Máis

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda

Reserva de entrada

Libro acordeón

Obradoiro de ilustración

As entradas xa non están á venda para este evento!