Libros moi animados

07mai17:30Libros moi animadosObradoiro Stop Motion con Curiosaurios Club

Detalles do Evento

A partir de 6 anos
Obradoiro de animación empregando a técnica do stop motion, unha técnica que nos gusta moitísimo: imos creando, facendo fotos, movendo os personaxes, máis fotos e voilà! Maxia!

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

Máis

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda

Reserva de entrada

Obradoiro Stop Motion con Curiosaurios Club

As entradas xa non están á venda para este evento!