Cando Little Neno queda durmido sempre suceden cousas estrañas. Pero estrañas de verdade…
Tras descubrir o mundo dos Beatles chega ao Salón a nova aventura de Little Neno e o seu oso Renato. Nesta ocasión, os nosos amigos espertan nunha cidade de cor rubí. Alí coñecen a Mick, un mozo que quere pintalo todo de negro. Tamén a Little Neno e a Renato. Convertido nun mono xigante, Mick perseguiraos por esa estraña cidade habitada polos Rolling Stones e as súas cancións.
Vén bailar e cantar con nós a música dos Rolling Stones!
Público familiar. Acceso libre ata completar cabida