Lume

19mar18:00LumeEspectáculo de monicreques. Babaluva

Detalles do Evento

Entrada libre ata completar o aforo. O acceso á actividade farase desde 10 minutos antes da hora de comezo. NON é necesario retirar ningún tipo de entrada. Recomendámosche que chegues un pouco antes da hora da actividade para asegurar o sitio.

Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can….

Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo , o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta , voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental.

Adaptación de Teatro Babaluva inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro (ed. Xerais).

Público familiar

Entrada libre ata completar o aforo

Máis

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n