Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Luppo

30mar12:30LuppoXira de despedida de Baobab Teatro

Detalles do Evento

Pase especial de despedida con sorpresas 

Luppo é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego cara a ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida.

Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto do mediodía, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción. Ten un amigo, Tulún, un neno que tamén todos os días lle leva o pan, as especias e o xornal. E todos os días Luppo lle relata unha historia da súa vida a Tulún. Unha mañá Tulún chega coa compra e Luppo non está…

Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2015
Candidato aos Premios Max 2016 na categoría de “Mellor Autoría Teatral”

A partir de 4 anos. Xira de despedida da compañía Baobab Teatro

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
Todas as persoas precisan da súa entrada, independentemente da súa idade.
Entradas en ataquilla.com Prezo: 3 €/ud.

Máis

Hora

30 marzo, 2025 12:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

Comparte este evento