marzo, 2020

20mar11:3012:30Máscaras de animais

Máis

Detalles do Evento

Obradoiro artístico guiado por  SUSANA SUNIAGA cuxa proposta ten orixe na ilustración do cartel da XXI edición do  Salón, do que é autora. No cartel hai unha serie de personaxes que xogan, posan, agóchanse detrás ou debaixo dos libros que ao tempo lles serven de máscaras para simular fisionomías distintas. Con este concepto do humor provocado pola aparencia de persoas que se visten de animais ou animais que semellan ser persoas, proponse aos participantes elaborar máscaras de animais de estilo veneciano. Ademais pintarán os seus propios retratos.

O obradoiro é para crianzas a partir dos 5 anos. Ten cabida limitada.

 

Hora

(Venres) 11:30 - 12:30

Localización

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda s/n - 36005

X