O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Máxica cociña: A receita das bruxas

15mar17:15Máxica cociña: A receita das bruxasObradoiro gastronómico con Reviravolta

Detalles do Evento

De 4 a 10 anos
Duración aproximada: 50 min.
—– —–

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

O día da actividade haberá prazas físicas dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas.

——-

Non sabemos se este bocadillo recheo de xamón e queixo é froito dun encantamento ou unha obra de arte, o que temos claro é que se trata do sándwich máis creativo ao que lle imos dar unha boa dentada. Ollo, que para preparar esta receita das bruxas non ides necesitar enxoval de cociña, nin variñas máxicas, pero si pinceis e pinturas variadas. Non vos dá curiosidade? Pois bulide a cociñar!  

Máis

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!