O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Máxica cociña: Variñas máxicas de galleta

10mar17:00Máxica cociña: Variñas máxicas de galletaObradoiro de cociña e contos con Reviravolta

Detalles do Evento

De 4 a 10 anos
Duración aproximada: 50 min.
—– —–

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolve o taller. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. Moitas grazas!

Calquera momento é bo para xogar a ser meigas ou bruxos e conxurar feitizos que nos transformen en ras, paxaros, coellos ou obxectos. Para iso, precisamos unha boa variña máxica e se é comestible, moito mellor! Preparádevos para dicir iso de…Abracadabra convértete en…! E mentres se enforna a nosa merenda máxica, imos pasar un bo intre escoitando a historia dun mago moi coñecido. A que agardades para acompañarnos?  

Máis

Lembra!

Os obradoiros teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha experiencia única. Sede puntuais, por favor, porque as prazas vanse reservar ata a hora de comezo da actividade. De non cubrirse nese momento, quedarán liberadas para as persoas en listaxe de agarda

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!