Meiga Nova: Maruja Mallo

13mar11:30Meiga Nova: Maruja MalloSesión de contos. Ilustración e música. Polo Correo do Vento e Antón Ke

Detalles do Evento

Nesta sesión de contos surrealista, ilustrada e musicada, os amigos de Polo Correo do Vento e mais Antón Ke percorrerán dunha maneira lúdica e creativa a vida e obra de Maruja Mallo, a nosa pintora máis universal. Desde a Guía Postal de Lugo ata os Moradores do Baleiro.

Público familiar

Normas de seguridade para este evento

Máscaras obrigatorias
Manter distancia de seguridade
Zona de eventos saneada
Outras pautas de seguridade O Salón é un espazo seguro. Todas as actividades programadas, así como os espazos onde se desenvolven, cumpren coas medidas sanitarias pola Covid-19.

Hora

(Domingo) 11:30

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Lembra!

Non esquezas reservar a túa PRAZA. Cada persoa debe ter unha, independentemente da súa idade.

Salón Seguro. Información sobre as entradas

As sesións de contos teñen unha capacidade limitada. Isto permitirá, con certeza, unha atención personalizada e unha experiencia magnífica e única. Lembra que os/as menores que accedan a calquera das actividades do Salón deben estar acompañados por unha persoa adulta responsable. Se por algunha razón tes entrada e non podes vir, escribe o antes posible ao correo: reservasalondolibro@gmail.com indicando día, hora, actividade e nº de prazas que “liberas” para que poidamos poñelas de novo á disposición do público. Grazas!

Reserva de entrada

Sesión de contos. Meiga Nova: Maruja Mallo Polo Correo do Vento e Antón Ke

As entradas xa non están á venda para este evento!