O SALON logo V BCO
O SALON logo V BCO

Menú máxico de contos

16mar12:30Menú máxico de contosSesión de contos con Cris de Caldas e Xabi do Camiño

Detalles do Evento

ESTREA!
Se hai maxia nos contos e os contos alimentan, por que non elaborar un menú máxico de contos? 

Un menú saudable, equilibrado e repectuoso, aínda que non aseguramos a presenza dun lobo vexetariano, xa somos máis das caperuchiñas rebeldes, ogros paspáns ou de bruxas famentas de nenos ou de nenas, que a fame é do máis igualitaria. 

Tal como é a nosa proposta, aderezada con humor, medo, músicas e sopresas. 

Non me digades que iso non é maxia? 

E N T R A N T E S 

Adiviñas e formigas que van da man 

Roliños de poesía con salsa agridoce da alegría 

S E G U N D O S 

Revolto de conto tradicional cunha bruxa descomunal 

Conto de medo, para telo ou espantalo ou conto diversamente necesario contado a baixa temperatura 

SOBREMESA 

Lingua de gato maragato  ou chocolatada pop – up 

Público familiar. Acceso libre ata completar cabida.

Máis

Hora

(Sábado) 12:30(GMT+01:00)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Comparte este evento